FORESIN, xunto co Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias, organizan de forma conxunta coa Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) unha acción divulgativa e formativa para dar a coñecer a actividade de extracción de resina en Galicia.

O venres 7 de agosto de 2020 terá lugar unha acción divulgativa cunha duración de 4 horas (Xornada teórica: 17:00 a 18:30; Xornada práctica 18:30 a 21:00) sobre o potencial resineiro nos piñeirais galegos, que se realizará no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias.

Para complementar a formación, impartirase un curso de técnicas de extracción de resina 60 horas na parroquia de Vilaframil.

Se estás interesado en participar, reserva a túa praza nas dirección de correo informacio@foresin.es ou chamando ao 680 20 83 20.

Acción financiada polo AGACAL a través da liña 1M01: Accións de transferencia de coñecementos e información (art. 14), Submedida: 1.1. apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2020. Accións cofinanciadas co 75% FEADER.