O concello de Antas de Ulla organiza unha serie de charlas informativas para presentarlle aos veciños os Programas de mellora da xestión de Residuos domésticos.

As xornadas terán lugar ao longo da segunda semana de novembro en varias parroquias do concello co fin de achegar e facilitar a participación de toda a veciñanza nestas actividades. En cada sesión farase a presentación tanto do Programa de Compostaxe doméstica e comunitaria coma o Programa de reciclaxe de aceites de cociña usados e informarase sobre a importancia e o funcionamento destas técnicas e como integralas na nosa vida diaria.

  • 9 de novembro: Taberna Casa Horacio de 19:00 a 20:30h, Santa María Castro de Amarante.
  • 10 de novembro: Local social de Dorra e Senande, de 19:00 a 20:30h.
  • 11 de novembro: Casa escola de Olveda, de 19:00 a 20:30h.
  • 12 de novembro: Teleclube de Castro, de 19:00 a 20:30h, Castro de Amarante.
  • 13 de novembro: Casa da Cultura de Antas de Ulla de 11:00 a 12:30h e pola tarde no Teleclube Casa de Naia de 19:00 a 20:30h.

Poderás levar o teu composteiro para a casa o mesmo día da xornada e así comezar a compostar os teus residuos orgánicos en pouco tempo.

Se estás interesado en participar ou en coñecer máis sobre esta campaña podes solicitar información nos tfnos. 982 379 251 – 680 208 320.

Acción cofinanciada nun 80% polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a través da convocatoria de axudas PIMA Residuos e PEMAR 2019.