Anótate no curso formativo teórico práctico sobre “Xestión integral de piñeiros”.

Esta acción está impulsada polo distrito forestal IX Lugo-Sarria e aprobada dentro do plan de transferencia ao agro galego 2021 e conta coa colaboración das seguintes entidades: AGACAL, Foresin, Deputación provincial de Lugo e Reservada Biosfera Terras do Miño..

Neste curso preténdese achegar aos alumnos as ferramentas e coñecementos precisos para desenvolver diferentes actividades que sexan compatibles co aproveitamento da madeira de calidade de piñeiro: resina, cogomelos e xestión da biomasa con gando.Se estás interesado en participar, reserva a túa praza nas direccións de correo informacion@foresin.es – xbruna@xunta.gal ou chamando ao teléfono 680 20 83 20 ou 982 828 622.