- Reunións:
Realizaranse reunións de seguimento e coordinación do proxecto entre o CIF Lourizán e os axentes cooperantes, posible asistencia a simposios e congresos relacionados coa temática.
- Xornadas e cursos:
Cos obxectivos e conclusións obtidos, realizarase un curso informativo e formativo en Galicia onde participarán todos os axentes cooperantes que conforman o proxecto. Ademais, a empresa FORESIN realizará na anualidade 2020 unha xornada divulgativa en cada unha das zonas de actuación onde farán os traballos de investigación.
- Demostracións:
Faranse xornadas demostrativas no Monte Veciñal en Man Común de Baroña.
- Publicacións:
Publicaranse trípticos, folletos e artigos de divulgación.
- Outras:
Publicación do proxecto e dos resultados do mesmo na web do CIF Lourizán e FORESIN.