Os traballos a realizar para cumprir cos obxectivos marcados son:
Obxectivo 1: Estimar os rangos de produción no método de pica de casca comparando caras tradicionais de 12 cm fronte a caras mais anchas de 20 cm, en primeiro e terceiro ano de resinación.
Obxectivo 2: Estimar os rangos de produción no método de pica de casca coa utilización de 3 pasta estimulantes diferentes (pasta Cunnimghan, aceda e Asacif) en ancho de cara de 16 cm.
Tanto no obxectivo 1 como no 2, o método de pica de casca iniciase a principios de ano co repranteo de parcelas e a continuación, comezase coa preparación dos piñeiros para resinar (labores de derroñe, trazado e cravado). As labores de resinación propiamente ditas van dende finais de maio a finais de outubro, con picas cada 12 ou 19 días e as producións vanse a medir por diferenza do peso de cada pote en cada pica, realízase en campo e cun dinamómetro.
Os datos analizaranse cun procedemento estatístico válido para medidas repetidas.
Obxectivo 3: Avaliar a eficacia das distintas pastas estimulantes sobre a produción total e a dinámica de fluxo de resina mediante técnicas de microresinación.
En cada monte e para cada especie seleccionaranse 48 árbores non resinadas previamente que se agruparán en 3 bloques de 16 árbores próximos entre si cada un, buscando maximizar a homoxeneidade ambiental dentro de cada bloque. As 16 árbores de cada bloque asignaranse aleatoriamente a un dos 4 tratamentos a aplicar (pasta Cunnimghan, pasta ácida, pasta Asacif e control sen pasta). Nas árbores experimentais practicarase un microdesroñe nas caras norte e sur en ventás de o redor de 10 x 10 cm. A continuación, retirarase un disco de codia-floema-cambium cun sacabocados de 15 mm de diámetro acoplando uns dispositivos de plástico especialmente deseñados para a recollida do fluxo de resina que emana da ferida en viais Falcon de 15 o 50 mm previamente prepesados. Os viais recolleranse ás 24, 48, 96 y 192 horas (1, 2, 4 y 8 días) substituíndo en cada ocasión os viais. Os viais pesaranse no laboratorio (0.01 g) determinándose o fluxo de resina en cada tramo temporal.
Traballarase nos montes de Baroña, Mondoñedo, Pantón e Culleredo, con experimentos sobre P. pinaster en todos eles e sobre P. radiata en Baroña e Pantón. Realizaranse dúas campañas de microresinación en cada sitio/especie (2020 e 2021 en Mondoñedo, Pantón y Culleredo e 2021 y 2022 en Baroña).
Obxectivo 4: Conseguir a partir do método Borehole ou tadre basal unha resina pura en contedor pechado conservando todos os compostos volátiles que sirvan para uso en compostos farmacéuticos e naturais.
O método Borehole centrase nun período mais curto de tempo (1-2 semanas) e sen necesidade de preparación do piñeiro. Para este método é preferible que as temperaturas sexan elevadas (7 días ≥ 15º C), polo tanto, sóese realizarse en xuño-xullo-agosto.
Os traballos consistirán en introducir botes nos furados feitos na base do fuste, realízase un seguimento dos tratamentos coas 3 eco-pastas estimulantes que se propoñen e recolleranse unha vez se estanque a produción. Seguidamente pésanse en laboratorio con balanza de precisión. Compararanse as producións en ambos métodos e alternativas e relacionaranse con variables dendrométricas e ambientais.
Obxectivo 5: Realizar probas piloto de pica de casca cunha amoladora a batería cun diso groso que permite realizar picas en forma de raións de forma mecanizada evitando así o traballo con ferramentas manuais tradicionais.