FORESIN, xunto co Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos e o Distrito Forestal VIII Terras de Lemos, organizan de forma conxunta coa Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) unha acción divulgativa e formativa para dar a coñecer a actividade de extracción de resina en Galicia.

O sábado 8 de agosto de 2020 terá lugar unha acción divulgativa cunha duración de 4 horas (Xornada teórica: 10:00 a 11:30; Xornada práctica 11:30 a 14:00) sobre o potencial resineiro nos piñeirais galegos, que se realizará no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos.

Para complementar a formación, impartirase un curso de técnicas de extracción de resina 60 horas na parroquia de As Nocedas (Santo Estevo).

Se estás interesado en participar, reserva a túa praza nas dirección de correo informacio@foresin.es e ceca.monforte@edu.xunta.es ou chamando ao 680 20 83 20 ou 982 889 103.

Acción financiada polo AGACAL a través da liña 1M01: Accións de transferencia de coñecementos e información (art. 14), Submedida: 1.1. apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2020. Accións cofinanciadas co 75% FEADER.