Anótate no curso formativo teórico práctico sobre “Xestión integral de piñeiros”.
Esta actividade está impulsada polo AGACAL e aprobada dentro do Plan de Transferencia ao Agro Galego 2021 e conta coa colaboración do Concello de Cabana de Bergantiños e FORESIN.
Neste curso preténdese achegar aos alumnos as ferramentas e coñecementos precisos para desenvolver diferentes actividades que sexan compatibles co aproveitamento da madeira de calidade de piñeiro: resina, cogomelos e xestión da biomasa con gando.Se estás interesado en participar, reserva a túa praza nas direccións de correo informacion@foresin.es – silvana.facal@cabana.gal ou chamando ao teléfono 680 20 83 20 ou 981 754 020.
Comentarios recientes