CURSO FORMATIVO DE TÉCNICAS DE EXTRACCIÓN DE RESINA (36 H)
Fecha: 9, 10, 11, 12, 16, 17 e 18 de outubro
Horario:
Clase 1 e 2 de 16.00 a 20.00 h
Clase 3, 4 e 5 de 15.00 a 21.00 h
Clase 6 de 16.00 a 20.00 h
Clase 7 ou viaxe práctica de 15.00 a 21.00 h
Localización: Silleda (Pontevedra) – Oficina agraria.
A resina, ao igual que outros aproveitamentos forestais non madeireiros, é un complemento perfecto para as masas de pino cuxo obxectivo principal sexa o madeireiro. Promovendo unha xestión forestal mais activa sobre os mesmos, que permita xerar unha maior diversidade económica e de servicios ecosistémicos. Así, cabe destacar a importancia do sector resineiro no desenvolvemos rural, permitindo a creación de man de obra e tecido industrial e contribuíndo de xeito relevante a fixación de poboación nese entorno.
Ademais, a actividade de extracción de resina contribúe na defensa forestal fronte aos incendios, tanto polo incremento da vixilancia asociada a estancia dos resineiros nos montes ao longo de todo o ano como pola redución da matogueira nos montes, resultado das labores de limpeza e acondicionamento precisas para executar os traballos de resinación.
PROGRAMA
Clase 1 teórica de 16.00 a 20.00 h | O aproveitamento resineiro: Principais condicionantes nunha explotación resineira. Historia e economía. Caracterización da resina e industrias de transformación |
Clase 2 teórica de 16.00 a 20.00 h | O aproveitamento resineiro: Métodos de extracción de resina. Produción e rendementos. |
Clase 3 teórica de 15.00 a 21.00 h | O aproveitamento resineiro: Iniciación no sector primario: primeiros pasos. Exercicio teórico-práctico: Análise de viabilidade económica dos aproveitamentos propostos. |
Clase 4 práctica de 15.00 a 21.00 h | Método de pica sobre codia: afiado, preparación da ferramenta, derroñe, marcaxe, cravadura e realización de picas. |
Clase 5 práctica de 15.00 a 21.00 h | Método de pica sobre codia: afiado, preparación da ferramenta, derroñe, marcaxe, cravadura e realización de picas. |
Clase 6 práctica de 16.00 a 20.00 h | Método de entalladura circular: realización de picas, aplicación de pasta estimulante e colocación de implante e bolsa. |
Viaxe práctica de 15.00 a 21.00 h | VISITA GUIADA para ver unha explotación resineira profesional. |