Paisaxes intelixentes – Xornadas no GDR Costa da Morte
O GDR Costa da Morte organiza uns faladoiros dentro do proxecto “Paisaxes intelixentes” co obxectivo de acercar a cidadanía temas tan relevantes para a xestión do noso territorio como a xestión forestal sostible, a xestión gandeira e de forraxes, así como a organización conxunta do territorio.
Faladoiro sobre Xestión Forestal Sostible
Data: Xoves, 7 de setembro ás 19.00
Localización: Centro sociocultural de Baio
- Mercados de carbono para a xestión forestal
- Certificación PEFC de xestión forestal e cadea de custodia de produtos forestais
- Os modelos silvícolas como ferramenta de xestión
- Exemplos de xestión forestal:
CMVMC Baroña, Porto do Son, A Coruña.
SOFOR Monte de Olveira, Dumbría, A Coruña
Faladoiro sobre xestión conxunta do territorio
Data: Xoves, 14 de setembro ás 19.00
Localización: Hospital dos Peregrinos, Santa Margarida, Montemaior, A Laracha.
- A Lei de Recuperación de Terras Agrarias
- Asociación Ribeira de Sucastro (Paradela), un exemplo de agrupación de xestión conxunta do territorio
- Aldea Modelo de Ferreiros, Ames
Faladoiro sobre xestión gandeira e de forraxes
Data: Xoves, 21 de setembro ás 16.00 h
Localización: Casa da Cultura de Vimianzo.
- Aplicación práctica da nova PAC
- Innovacións en produción e xestión de pastos para gando
- Implantación de pradeiras en monte
- A relevancia da botánica pratense para a xestión de pradeiras
- Exemplos reais
Faladoiro sobre xestión conxunta do territorio
Data: Xoves, 5 de outubro ás 19.00
Localización: Casa do Concello de Carnota
- A Lei de Recuperación de Terras Agrarias
- Asociación Ribeira de Sucastro (Paradela), un exemplo de agrupación de xestión conxunta do territorio
- Aldea Modelo de Ferreiros, Ames