Xornada sobre resultados do campo de experimentación da parcela do Río Rato

Data:

Xoves, 8 de maio de 17.00 a 20.00

Localización:  Centro interpretación Terras do Miño (Lugo) ?Ubicación

Máis información: informacion@foresin.es – 680208320 – 611413582

Xunto co Distrito Forestal IX Lugo-Sarria organizamos unha xornada sobre o aproveitamento resineiro.  Nela falamos sobre os traballos realizados nunha parcela de experimentación que temos no Río Rato de Pinus radiata.

Rematamos a xornada cunha visita á parcela para amosar o traballo e onde se viron os diferentes métodos de extracción de resina usados ata agora para mellor os rendementos dos resineiros e a calidade da resina recollida.

PROGRAMA

Ponencia nº1 - Métodos de producción empregado en Pinus radiata – Érika Mártinez Carreira (FORESIN)

Ver presentación
Experimentación convencional na parcela do Río Rato. Explicación do método empregado, uso de pastas estimulantes e periocidade de picas. Análise dos resultados e conclusións mais destacadas. Aplicación da investigación sobre o método no territorio do noroeste peninsular en masas de Pinus radiata.
Ponencia nº2- O método da micro-resinación – Roberto Touza (CSIC-MBG)

Ver presentación
Técnicas de micro resinación como método para valorar o potencial de produción de resina dos piñeirais, como se desenvolveu este método, o procedemento e que aplicacións tivo ata agora.

Explicación de que se fixo na parcela do Río Rato como primeiro ensaio de micro-resinación como técnica para extracción produtiva utilizando diferentes diámetros de incisión.
Ponencia nº3 - Parámetros de calidad de resina en Pinus Radiata – Cetemas

Ver presentación
As técnicas de resinación en envase pechado confírenlle á resina unha serie de cualidades diferenciadoras que lle aportan un valor engadido na industria. Son estes parámetros diferenciadores aos que temos que intentar chegar cos traballos de resinación. Saber se estes parámetros poden verse influenciados polo métodos empregado, polo tipo de pastas estimulantes empregadas, pola especie que se resine ou incluso pola zona de procedencia son algúns dos factores que se abordaran nesta ponencia. Ademais veremos os posibles usos que a industria de 2º e 3º transformación fan coa resina de calidade.
Visita de campo Río Rato – Manuel Arias (Foresin) Vista para ver os traballos realizados na parcela do Río Rato en método de pica tradicional e os traballos desenvolvidos en microresinación para os ensaios de pica circular.

Teremos tamén unha pequena explicación en campo de pés de ensaio con métodos de extracción en envase pechado de pica circular co método de bolsa e método de pote pechado.

CARTEL INFORMATIVO